Amorim + Doporto :: Arquitectos

Arquitectos con longa traxectoria no sector da Arquitectura, Construción e o Urbanismo. Con traballos realizados tanto para a Administración Pública coma para o ámbito privado en redacción de proxectos e dirección de obra, en España e Brasil.

O noso traballo céntrase na rehabilitación de vivendas unifamiliares e colectivas, obra nova, aplicación da prefabricación, I+D, obras públicas e o urbanismo. Ademais, no noso perfil de facebook actualizamos as medidas vixentes orientadas ao fomento de diversas materias relacionadas coa construción: rehabilitación, enerxías limpas, autopromoción, promoción de vivenda protexida, etc.

Especializados no deseño e cálculo de estruturas de edificación, con máis de 30.000 metros cadrados de estruturas calculadas en formigón armado, aceiro e madeira; para proxectos propios e como colaboradores externos de diversos profesionais de varios paises, levados a cabo en parte grazas ás novas tecnoloxías e internet. Neste campo, achegamos a nosa visión como arquitectos na resolución dos problemas estruturais porque entendemos que unha estrutura pensada a tempo é mellor estrutura e contribúe a mellorar un proxecto.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación de nosa política de cookies, pique a ligazón para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies